Homenaxe a Carlos Casares nos 11 anos do seu pasamento

A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares organizan unha nova homenaxe ao escritor galego Carlos Casares Mouriño, no undécimo cabodano do seu pasamento. Nesta homenaxe será descuberta unha praca conmemorativa colocada na casa familiar na que vivíu Carlos Casares durante a súa infancia en Xinzo de Limia.
Posteriormente será descuberta outra praca na Casa da Cultura, na inauguración da 'Aula de estudo: Carlos Casares', na que estarán a disposición pública as obras do escritor e que pretende ser un referente literario na comarca da Limia, e por en valor a literatura limiá.

Estes actos terán lugar mañá (data do seu pasamento), a partires das 12,00 horas. A Comitiva, que partirá da Casa do Concello, será presidida polo irmán do escritor, Javier Casares Mouriño, e o fillo do escritor Hakan Casares Bert.

Te puede interesar