Iniciada a mellora do vial entre As Pegas e Cardeita, en Sandiás

foto prensa
photo_camera Operarios traballando na mellora do firme.
O obxectivo desta actuación é, segundo informaron dende a administración local, renovar a capa de rodadura do vial e abordar, posteriormente, obras de limpeza de cunetas.

Por medio do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas -cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural- o Concello de Sandiás completará nas vindeiras semanas a mellora do firme que comunica actualmente os núcleos rurais de As Pegas e Cardeita. Nesta intervención, que acaba de comezar, investirase, en total, unha partida de 40.400 euros. 

O obxectivo desta actuación é, segundo informaron dende a administración local, renovar a capa de rodadura do vial e abordar, posteriormente, obras de limpeza de cunetas. Preténdese, en definitiva, mellorar a calidade do servizo que se lle ofrece á poboación pois é unha estrada moi transitada que precisaba desta remodelación. Por último, culminarase a obra, que foi adxudicada á empresa Transportes y Excavaciones P. Prol,  co asfaltado da estrada.

No que atinxe ás cunetas, o rexedor de Sandiás, Felipe Traveso, difundiu un bando municipal na liña de manter estes espazos do mellor xeito posible e proporcionando instruccións concretas coa finalidade de evitar tapalos. Do contrario, impedirase a correcta a circulación das augas polas propias cunetas. Tamén se recomenda empregar tubos de 50 centímetros.

Te puede interesar