Medio cento de mozos da provincia incorporáronse á actividade agrícola

271221 Visita Calvos de Randín 2 (1)
photo_camera Gabriel Alén, no centro, acompañado de Aquilino Valencia á esquerda e os beneficiarios.
Cada un deles percibiu 37.000 euros da Xunta e de fondos europeos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse ata Calvos de Randín para, acompañado do alcalde, Aquilino Valencia; coñecer en primeira persoa a explotación agrícola de María Asunción Rodríguez, beneficiaria das axudas enmarcadas na última convocatoria de apoio á creación de empresas de agricultores mozos e para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 -ampliado ata 2022-.

O representante autonómico na provincia aproveitou a súa visita a Calvos para salientar que, dentro de dito programa, un total de 154 agricultores e gandeiros beneficiaronse no último ano de 4.922.101 millóns de euros en Ourense. Concretamente, no caso dos investimentos en explotacións agrarias -máis coñecidos como plans de mellora- aprobáronse 81 solicitudes cun importe 2.367.101 millóns de euros. 

Por outra banda, no apartado destinado aos mozos, 57 incorporáronse á actividade agraria grazas a estas subvencións neste 2021. Todas as solicitudes que cumpriron os requisitos foron aprobadas cunha achega media superior aos 37.000 euros por beneficiario. En total, 2.315.000 millóns de euros. 

Por último, con respecto ás axudas específicas para pequenas explotacións, na última convocatoria beneficiaranse un total de 16 granxas cunha achega individual de 15.000 euros, sendo as mulleres as que máis solicitan este tipo de axuda.

Na súa visita a Calvos de Randín, Alén e Valencia repasaron, entre outros proxectos, o Plan de mellora de camiños municipais ou as achegas de 23.114 euros da Consellería de Medio Ambiente para o arrendamento de maquinaria para a restauración de ecosistemas.

Te puede interesar