Mellórase o vial que une Couso con Cerredelo, en Sandiás

foto 1. portada
photo_camera Limpáronse as cunetas e asfaltouse a estrada que comunica ambos termos.
O proxecto contou cun orzamento de 30.081,21 euros por parte de Medio Rural

O Concello de Sandiás continúa derivando fondos institucionais para a mellora das infraestruturas rurais deste entorno co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas. Nesta ocasión foi a quenda dos núcleos de Couso de Limia e de Cerredelo, así como do vial que comunica ambas aldeas. 

Froito dun convenio de colaboración asinado entre o Consistorio sandianés e a Consellería de Medio Rural,  foi posible achegar unha partida de 30.081,21 euros para renovar a estrada que une ambos termos e que foi rematada recentemente pola empresa Construcciones y Exacavaciones Cruz Val S. L. que resultou ser a adxudicataria deste proxecto de mellora. O departamento autonómico foi o encargado de financiar íntegramente a contía da obra. 

Tal e como explicaron dende o Concello de Sandiás, o obxectivo desta actuación foi, principalmente, levar a cabo a limpeza de cunetas e acometer o alfaltado da estrada para lograr unha mellor calidade do servizo para poboación, así como para satisfacer a demanda existente neste senso. 

OUTRAS MELLORAS

Segundo engadiron dende o Concello de Sandiás, nestes momentos a Administración local está inmersa en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes existentes e que se atopan actualmente moi deterioradas polo paso do tempo. 

Por último, tamén se están a realizar varios arranxos de pistas e camiños e se están levando a cabo distintas obras en rúas e estradas de diversas aldeas que integran este concello pertencente á Comarca da Limia.

Te puede interesar