O Concello de Sandiás prepara un plan de emerxencia fronte á sequía este verán
O investimento ascenderá na súa totalidade aos 12.225,2 euros, dos que a Xunta aportará 9.825,20 euros e o Consistorio os 2.400 restantes.
O Concello de Sandiás é un dos máis implicados da Comarca da Limia na prevención da recurrente sequía estival e na concienciación dos seus veciños, veciñas e visitantes sobre os usos responsables da auga. Cada ano, ademáis, dende o Consistorio sandianés emítese un bando informativo a toda a poboación para que se anticipe a situacións límites neste senso e prohibindo o uso deste ben para o rego de fincas e hortas, ou para lavar vehículos privados ou encher piscinas -tan so se permite para uso exclusivamente doméstico-. Tamén, nesta ocasión, a Administración Local contará cunha axuda económica específica para desenvolver dun xeito máis extenso esta prevención.
O municipio de Sandiás é un dos 69 de toda a comunidade galega que recibirá unha subvención coa que poderá elaborar un “Plan de Emerxencia fronte á seca” como así o informaron dende o Concello este mesmo martes. Trátase de axudas pensadas pola Xunta de Galicia para concellos que contan con menos de 50.000 habitantes. A Administración Autonómica financiará o 80 por cento do custe da redacción do plan, e o Consistorio aportará o 20 por cento restante.
No caso de Sandiás, o investimento ascenderá na súa totalidade aos 12.225,2 euros, dos que a Xunta aportará 9.825,20 euros e o Consistorio os 2.400 restantes.
Segundo puntualizaron dende o municipio limiao, os Plans de Emerxencia son “un instrumento clave” para preparar solucións “que garantan o abastecemento de auga á poboación, estando alerta ante calquera situación de emerxencia”, tal e como esgrimiron fontes municipais esta mesma semana.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?