EMPLEO

Mercadona busca 17 traballadores para o seu centro de Xinzo de Limia

A propia empresa se compromete a impartir formación aos seleccionados de aqueles que se presenten ao proceso de selección.

A cadea de supermercados Mercadona, vén de publicar unha oferta de emprego para 17 vacantes en Xinzo de Limia. 

Está previsto que a grande instalación comece a funcionar ca capital da Limia antes de final de ano.

Na oferta, que foi publicada na páxina web da empresa, demandan persoal de supermercado para cubrir todos os postos a xornada completa. A propia empresa se compromete a impartir formación aos seleccionados de aqueles que se presenten ao proceso de selección.

Ofertan contrato indefinido e esixen como requisitos a posesión do título en Educación Secundaria Obregatoria así como "don de xentes", carné de conducir e dispoñibilidade horaria de luns a sábados. Os interesados poden inscribirse na páxina web da compañía.

Te puede interesar