ocio

Mostra en Xinzo sobre a cría cabalar das Forzas Armadas

A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 26 de xuño, en horario de tarde dende as 15,00 horas ata as 21,30 horas

Mañá venres, ás 12,00 horas, inaugurarase a exposición "Cría caballar de las Fuerzas Armadas. 150 años de servicio", no Casino Antelano de Xinzo. Trátase dunha mostra que recolle un conxunto de imaxes seleccionadas do libro que leva o mesmo nome, e que foi editado pola Subdirección General de Publicaciones y Patrimonio Cultural. 

A apertura da exposición, organizada pola Secretaría General Técnica del Ministerio de Defensa en colaboración co Hipódromo de Antela, contará coa presenza do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez e do Coronel Subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel Paredes. 

A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 26 de xuño, en horario de tarde dende as 15,00 horas ata as 21,30 horas. 

Te puede interesar