A mostra sobre os Entroidos galegos acumula dende xaneiro máis de 6.000 visitas
O Museo Galego do Entroido iniciará a vindeira semana unha campaña destinada aos Concellos da comarca da Limia, mediante a que se procurará que as administracións locais da contorna inclúan a Mostra de Xinzo como destino turístico e como visita ineludible dentro da súa programación de actividades para o verán.
"O obxectivo é incrementar as visitas nestes meses", sinala Carlos Martínez, traballador deste espazo municipal. "Enviaremos invitacións formais a todos os Concellos solicitándolles que difundan a actividade do Museo entre as asociacións e entidades de cada municipio", engade.
A mostra sobre os Entroidos galegos acumula dende xaneiro máis de 6.000 visitas.