Os músicos limiaos festexaron a Santa Icía

DSC_0272
photo_camera Catro alumnas do conservatorio nun momento da actuación no auditorio.
O auditorio Ángel Cocho de Xinzo -Casa da Cultura- acolleu un concerto interno feito polo alumnado para o alumnado no que soaron pezas de sobra coñecidas como “Te Deum” de Charpentier, “Peer Grynt” de Grieg e outras máis descoñecidas como, por exemplo, “Habanera” de Ravel ou o “Vals a 6 “ de Rachmaninoff.

Cun concerto en homenaxe a Santa Icía, patroa dos músicos, o alumnado do Conservatorio de Música de Xinzo recuperou os concertos logo de case dous anos sen poder celebralos por mor da pandemia da covid. 

O auditorio Ángel Cocho de Xinzo -Casa da Cultura- acolleu un concerto interno feito polo alumnado para o alumnado no que soaron pezas de sobra coñecidas como “Te Deum”, de Charpentier ou “Peer Grynt”, de Grieg, e outras máis descoñecidas como, por exemplo, “Habanera” de Ravel ou o “Vals a 6“ de Rachmaninoff. “Este ano optouse por celebrar o concerto cerrado porque, aínda que temos moi presentes as normas e protocolos de seguridade, é vital minimizar os riscos dun concerto presencial e aberto a todos os familiares e amigos”, quixeron apuntar dende a dirección. 

No acto tamén se fixo entrega dos premios do Concurso de Samaín aos mellores disfraces nas catro categorías establecidas: Iniciación Musical e Música e Movemento, Grao Elemental, Grao Profesional e Profesorado.

Te puede interesar