Os nenos desfrutaron dun obradoiro de maxia no concello de Sandiás

Obradoiro de maxia en Sandiás.
photo_camera Obradoiro de maxia en Sandiás.
Dezaséis nenos participaron, no concello de Sandiás, no Obradoiro de Maxia do Meigo Albert, que interaccionou moito co público grazas a súa simpatía e ao recurso constante do humor que tanto caracteriza as súas intervencións

Os máis pequenos deixaron por un momento de ser meros espectadores e aprenderon a facer algúns números de maxia e coñecer os trucos. 

En concreto fixeron unha vara máxica e debuxaron a lámina de puntos cambiantes aprendendo tamén o truco do seu manexo. 

Esta actividade de maxia e humor, resultou un exercicio moi divertido para os nenos e axudou a potenciar a psicomotricidade, a creatividade e a comunicación, segundo comentan dende o Concello de Sandiás.

O tradicional Nadal é un bo momento para recuperar tradicións. Niste caso, para rematar as festas de Nadal no concello, non faltará a tradicional visita dos Reis Meigos aos máis pequenos o venres 5 pola tarde, e o concello recupera por segundo ano a tradición do Cantar os Reis, o venres 5, pola mañá

Te puede interesar