ANDAINA

A Plataforma Ríos Limpos organiza para hoxe unha andaina solidaria

Os cartos recadados con esta iniciativa serán destinados á axuda das persoas refuxiadas e estarán xestionados pola organización Médicos Sen Fronteiras.

Ás 10,30 horas de hoxe, 17 dedecembro, partirá dende o Local Social de Trandeiras unha andaina  solidaria ue percorrerá algúns dos mellores miradores do Val da Limia. O prezo da actividade e máis do xantar é de cinco euros. Os cartos recadados con esta iniciativa serán destinados á axuda das persoas refuxiadas e estarán xestionados pola organización Médicos Sen Fronteiras.

A través dun roteiro interpretativo os participantes achegaranse ata  lugares como A Medorra, o Penedo do Tangaraño, o Penedo da Moura, o Castelo da Pena, Soutelo ou o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.  Un total de 13 quilómetros nos que se poderá redescubrir a natureza da comarca.Polo camiño haberá un obradoiro de "orientación-cartografía " e un xogo de pistas.

Te puede interesar