Carlos Gómez recordou a posta en marcha de varias solucións por parte da Consellería dende onde se está a traballar na "regulación da xestión dos residuos animais e a promoción da calidade dos produtos autóctonos"
O Partido Popular demandou aos grupos da oposición no Parlamento e a través do seu deputado Carlos Gómez "que deixen traballar á Mesa da Limia, creada para avaliar a problemática dos residuos que orixina a actividade agrogandeira nesta comarca ourensá e en toda Galicia". Gómez solicitou, do mesmo xeito, que se apoie "o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable para que a Consellería de Medio Rural está a traballar na recuperación e posta en valor das terras agrarias e na elaboración dunha lei específica de potenciación da calidade das produccións do agro e o respecto do medio ambiente".
Por outra banda, o parlamentario recordou a posta en marcha de varias solucións por parte da Consellería dende onde se está a traballar na "regulación da xestión dos residuos animais e a promoción da calidade dos produtos autóctonos", dixo na intervención.