O PP pide “solidaridade” cos agricultores da Limia

Os populares falan de “situación límite”

Membros do Partido Popular de Xinzo mantiveron este venres unha  xuntanza para afianzar o seu apoio aos agricultores e gandeiros da comarca da Limia que, do mesmo xeito que noutros puntos do país, lamentan a suba do prezo dos combustibles, da electricidade, dos fertilizantes, fitosanitarios e insumos en xeral. 

Os populares falan de “situación límite” neste colectivo e por iso lanzaron o seu “rotundo apoio” aos traballadores deste sector, que veñen de anunciar mobilizacións na capital limiá e na cidade. O PP local pediu “unidade de todos os sectores e veciños en solidaridade coas súas demandas”. 

Ante esta situación, o PP solicita ao Goberno central “medidas urxentes, resolutivas e extraordinarias para axudar aos agricultores”. Ademáis, o grupo asegura “non entender por que o Goberno de Pedro Sánchez négase a adoptar unha baixada de prezos”. 

Por último, piden a Amador Díaz, presidente dos productores de pataca e tenente de alcalde de Xinzo, que actúe con “coherencia” xa que “non se pode estar cunha mao agarrando a pancarta e coa outra votando a favor dos políticos que sustentan a Sánchez”.

Te puede interesar