O PP de Xinzo pide auditar a xestión dos anteriores mandatos

Por outro lado, o PP critica o destino de certos fondos municipais a contratos directos ou o feito de que o equipo de goberno se puxera dedicacións exclusivas “a pesar de que, como din, estaba o Concello en banca rota.

Continúa en Xinzo o cruce de acusacións entre o actual goberno e o principal partido da oposición, o PP. 

Logo da comparecencia do cuatripartito a primeira hora do pasado mércores para aclarar a situación financieira do ente local con novos informes na man, e subliñar a existencia dun erro nun dos elaborados tamén pola Intervención sobre a estimación de gasto, os populares volven á carga criticando a rolda de prensa do equipo de goberno. “A rolda de prensa foi unha pantomima, entre lastimeira, autoritaria e desafiante, para botarse flores, sin entrar, eso si, no detalle dos números e resultados en obras concretas da sua xestión, e moito menos sin entrar nun so detalle dos gastos realizados, nin da utilización do importante remanente municipal que herdaron do anterior Goberno Popular”, censuran os populares que, ademais, critican o feito de que o cuatripartito insista na existencia “dunha herdanza catastrófica sin aportar un solo dato, limitándose a calumnia e a acusación sin probas”. Por todo o anterior, o PP solicita “unha auditoría da xestión nos anteriores mandatos”, así como que se expoñan públicamente os resultados. 

Por outro lado, o PP critica o destino de certos fondos municipais a contratos directos ou o feito de que o equipo de goberno se puxera dedicacións exclusivas “a pesar de que, como din, estaba o Concello en banca rota. Para cobrar eles polo visto había cartos”. Por último, os populares piden saber “onde están as obras” prometidas por valor de “50 millóns de euros”.

Te puede interesar