política

O PP de Xinzo pide unha reforma do código penal

A proposta chega logo da sentencia a "La Manada" que creou, segundo o grupo de goberno, "unha grande alarma social" en todos os estratos sociais de España, cunha grande repercusión no resto do mundo

O grupo municipal popular de Xinzo rexistrou unha moción a prol de adoptar medidas urxentes para a sensibilización do Poder Xudicial con respecto a todas as formas de violencia de xénero. A proposta chega logo da sentencia a "La Manada" que creou, segundo o grupo de goberno, "unha grande alarma social" en todos os estratos sociais de España, cunha grande repercusión no resto do mundo. 

O PP de Xinzo tamén solicita unha reforma do Código Penal, posto que "a ambigüedade da norma" posibilitou que a sentenza sexa "inasumible".

Te puede interesar