O PSdeG elixe a Elvira Lama como candidata á alcaldía de Xinzo

A asemblea dos socialistas de Xinzo ratificou onte a Elvira Lama como candidata á alcaldía por aclamación, quen afirmou que 'asume un dos retos máis difíciles da miña vida'.
Ademais, Lama animou a tódolos militantes a traballar polo cambio en Xinzo, 'nunha oportunidade única ante o deterioro que está a sufrir o Concello e o momento de decadencia e confrontación polo que está a pasar o PP local'.

A socialista afirmou que 'o futuro de Xinzo pasa polo proxecto e a ambición socialista e non polo modelo caciquil e claramente feudal do señor Antonio Pérez'.

Lama subliñou que 'os concellos teñen que ser dinamizadores das vilas, dende onde hai que fomentar o emprego e invertir a tendecia demográfica do interior ourensán'.

Te puede interesar