A LIMIA

O PSdeG presenta medidas para poñer freo ao abandono do rural

As medidas que propoñen os socialistas pasarían por solicitarlle á Xunta de Galicia a apertura dunha mesa de traballo

O PSOE de Xinzo presentará no vindeiro pleno ordinario unha batería de 10 propostas para frear o abandono do ámbito rural, do que destaca o seu papel clave "como dimamizador fundamental e base da economía produtiva". 

As medidas que propoñen os socialistas pasarían por solicitarlle á Xunta de Galicia a apertura dunha mesa de traballo na que estean representados todos os actores institucionais, sociais e económicos, para combater este abandono, ou reclamarlle ao goberno autonómico a dotación orzamentaria suficiente e sostida no tempo, que permita afrontar un plan de investimentos en infraestruturas, servizos e innovacións. 

O PSOE reclama cambios na política forestal, abrir oportunidades a través das enerxías renovables ou garantir a chegada da banda ampla de Internet.n

Te puede interesar