SEGURIDAD VIAL

O PSdeG de Xinzo propón a creación de camiños escolares seguros

Ss socialistas pretenden "reducir o número de atascos e atrancos no tráfico ás horas punta de entrada e saída dos centros escolares' e mellorar a seguridade dos máis pequenos. 

O grupo municipal do PSdeG de Xinzo de Limia presentará unha moción no próximo pleno da Corporación municipal na que demanda ao Concello a adopción das medidas necesarias "para que se implanten camiños escolares sostibles e seguros". Deste xeito, os socialistas pretenden "reducir o número de atascos e atrancos no tráfico ás horas punta de entrada e saída dos centros escolares, así como garantir o fomento da autonomía persoal dos rapaces e rapazas de Xinzo mediante a implicación da comunidade educativa, das nais e pais e do propio Concello".

Lembra o PSOE que cada día, tanto no CEIP Rosalía de Castro coma no Carlos Casares e a na Escola Infantil, "hai ringleiras de vehículos agardando á saída dos rapaces ou levándoos ás aulas, provocando un atranco na circulación, a maiores do prexuizo medioambiental que supón un uso excesivo dos coches".

Te puede interesar