Unha moción insta á Xunta a limpar as canles de drenaxe das fincas

O PSOE alerta do perigo de inundación de cultivos

O grupo municipal do PSOE de Xinzo presentou unha moción para urxir á Consellería de Medio Rural a efectuar os traballos de limpeza integral e acondicionamento das canles de desaugue das parcelas agrícolas, e así frear e minimizar os riscos de asolagamentos no rural. A portavoz municipal, Elvira Lama, sinalou que 'ante a posibilidade de asolagamento das fincas na comarca da Limia, os socialistas instan á Xunta a actuacións para evitar situacións como as do ano 2009, que levaron a solicitar a declaración de zona catastrófica ó Goberno do Estado'.
Lama apunta que as canles de desaugue das fincas están na maioría das zonas obstruídas con grande cantidade de maleza, o que impide unha óptima drenaxe das parcelas de cultivo, dando lugar a enchentes que estragan os cultivos e retrasan a sementeira na meirande parte da Limia.

As condición morfolóxicas e xeolóxicas dos terreos desta comarca agravan aínda máis os riscos de asolagamento, por mor das invernías con fortes temporais e borrascas, que no ano 2009 e 2010 se repetiron alomenos en dúas ocasións, según os socialistas.

Te puede interesar