O PSOE dirá cómo optar a mellora dos regadíos limiaos

Os socialistas de Xinzo reuniranse en próximas fechas coas catro comunidades de regantes e con técnicos de Seiasa do Norte para explicar detalladamente os trámites a seguir para a modernización dos regadíos, unha vez firmado o convenio entre a Xunta e o MARM a semana pasada
Lama explica que 'a sinatura do presidente de Seiasa do Norte e da ministra significa o paso previo para proceder á redacción dos proxectos e á firma dos convenios específicos coas catro comunidades de regantes', Alta Limia, Corno do Monte, Lamas-Ganade, e San Salvador de Sabucedo.

'Este importante acordo que arrasta dous anos de retrasos suporá que deixen de regar en precario un bo número de agricultores que traballan 3.974 hectáreas', apunta Lama, que agrega que 'suporá tamén numerosas vantaxes de aforro enerxético, en costes de producción e un aumento da productividade nas explotacións'.

Te puede interesar