concello

O PSOE de Xinzo reclama que se amplíe o parque empresarial

Critican que durante estes anos "nin se licitou nin se obrou nada" e piden que se axilicen os trámites da terceira das fases

O PSOE de Xinzo vén de rexistrar unha moción no Concello para instar á Xunta de Galicia a que actúe coa "máxima urxencia e celeridade" de cara a iniciar unha ampliación do polígono industrial.

O grupo da oposición tamén solicita a revisión de taxas municipais como o Imposto sobre Construccións, o de Bens Inmobles ou o de Actividades Económicas, tralo acordo asinado para ser o da capital comarcal "Concello Doing Bussiness". Esta declaración permite que en Xinzo se apliquen as rebaixas fiscais en función do número de postos de traballo e crear novas empresas que teñan interese en instalarse no municipio. Asimesmo, o PSOE pide unha reunión da comisión de Urbanismo e Industria para analizar o número de sociedades que solicitaron información sobre parcelas libres e as que optaron pola instalación noutros concellos ou en Portugal. 

Os socialistas recordan que o grupo de goberno local do PP afirmou, ao inicio do actual mandato, que xa solicitara a axilización da terceira fase do parque empresarial, pero engaden que "estamos a mediados de 2018 e non coñecemos ningún trámite". Elvira Lama asegurou que "neste anos nin se licitou nin se obrou nada".

Te puede interesar