O PSOE de Xinzo solicita unha liña de axudas para o material escolar

La ex-alcaldesa de Xinzo de limia, Elvira Lama.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Elvira Lama. Foto: Xesús Fariñas
Levarán esta moción ao próximo pleno, que se celebrará o luns

O grupo municipal socialista de Xinzo de Limia presentou unha moción pola vía de urxencia para o seu debate na sesión plenaria do luns na que lle solicita ao goberno local que se habiliten axudas municipais para libros de texto e material escolar para os alumnos da segunda etapa de educación infantil. “Instamos ao Concello a habilitar unha partida orzamentaria suficiente para establecer dita axuda daqueles alumnos matriculados nos colexios de Xinzo”, anotan. 

Os socialistas tamén destacan que “é importante que se elaboren as bases da convocatoria con carácter de urxencia, polas datas nas que nos atopamos, e así poder paliar os efectos económicos que están a sufrir as familias”. O informe máis recente da Organización de Consumidores e Usuarios conclúe que o gasto medio en libros de texto sería duns 200 euros, e variando entre as diferentes etapas escolares. 

Elvira Lama, portavoz dos socialistas, considera que os alumnos e as súas familias con necesidades “deberían recibir das administracións os recursos necesarios con criterios de igualdade e equidade”, considerando que a axuda proposta “non debe ser inferior á que reciben os demais alumnos por parte da Xunta”. A socialista aproveitou para recordar que durante o seu mandato ao fronte do Concello de Xinzo “tivemos en conta esta situación “.

Te puede interesar