Rairiz aprobou un orzamento de 2,1 millóns de euros para 2021

Por outro lado, cos presupostos consignados para este exercicio económico, tamén se ratificou o cadro de persoal para o mesmo periodo o cal recolle novamente a dedicación parcial da alcaldesa. 

O Concello de Rairiz de Veiga deu luz verde definitiva a un orzamento de 2.159.244 euros para este 2021 logo da súa publicación oficial no Boletín Oficial da Provincia. Desta cantidade, 691.055 euros destinarase a gastos de persoal e os investimentos reais superarán o millón de euros. 

Por outro lado, cos presupostos consignados para este exercicio económico, tamén se ratificou o cadro de persoal para o mesmo periodo o cal recolle novamente a dedicación parcial da alcaldesa, Asunción Morgade, fixada en 24.000 euros anuais, así como as retribucións para o persoal funcionario, o laboral fixo e o persoal laboral indefinido non fixo. Tamén o correspondente aos traballadores da categoría de persoal laboral temporal e o temporal con salario subvencionado -Risga, monitores de tempo libre, Aprol Rural ou auxiliares da Romaría da Saínza, entre outros-.

Te puede interesar