Remedios Cid será cabeza de lista do PP en Vilar de Santos

undefined
photo_camera Remedios Cid xunto a Manuel Baltar en Ourense.
O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse na tarde de hoxe coa nova cabeza de lista para avanzar nos detalles da candidatura.

Remedios Cid Márquez, nada no ano 1978 e titulada en Maxisterio na especialidade de Educación Infantil pola Universidade Autónoma de Madrid, será a proposta do Partido Popular para loitar pola alcaldía de Vilar de Santos. Cid Márquez, que conta ademais cun mestrado en Competencias Avanzadas da Educación, traballa actualmente e dende o pasado 2020, no Punto de Atención á Infancia deste concello. 

O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse na tarde de onte coa nova cabeza de lista para avanzar nos detalles da candidatura. Baltar asegurou que esta proposta supón “unha gran nova para o Partido Popular de Ourense” e calificou a Remedios Cid coma “unha profesional cun excelente currículum, vencellada a proxectos sociais, que coñece o concello por traballar de xeito directo cos veciños e que é afiliada ao Partido Popular”.

Pola súa banda, Remedios Cid manifestou que conta co “coñecemento das inquedanzas dos veciños” debido ao seu “contacto directo co territorio” e ten como obxectivo “implementar novos proxectos”. Do mesmo xeito, a candidata amosou o seu “entusiasmo por traballar arreo a prol do concello” e avanzou unha das claves do seu futuro programa: “Veño cun proxecto centrado nas persoas, poñendo o foco en todos os veciños do concello ao marxe da súa cor política”.

Te puede interesar