a limia

Roberto Nogueiras amosa en Sandiás as súas pinturas

Roberto Nogueiras, Felipe Traveso e Pepe Gándara na presentación.
photo_camera Roberto Nogueiras, Felipe Traveso e Pepe Gándara na presentación.
"Orixe" recolle 25 pezas de temática variada e de impronta realista

O artista Roberto Nogueiras Santos, natural de Couso de Limia (Sandiás) pero residente na cidade de Vigo, inaugurou a súa obra pictórica na Casa da Cultura deste municipio ourensán. 

Baixo o nome de Orixe, en referencia ás súas raíces limiás, este xoven de 36 anos amosa por primeira vez toda unha vida de traballo artístico, plasmado en 25 obras de temática variada e impronta realista. As técnicas empregadas nas creacións foron dende o óleo ata a aerografía. 

Nogueiras é, ademais, un gran apaixoado do Entroido da Limia e da personaxe da Pantalla, da que ten varias creacións propias, algunhas das cales se poden contemplar na Casa da Cultura. 

O rexedor local, Felipe Traveso, e o edil de Cultura, Pepe Gándara, presentaron a obra deste mozo que traballou con artistas galegos como Manuel Cabaleiro, Luis Romero ou Mingos Teixeira. 

Nogueiras quixo, con esta mostra que se poderá visitar todas as tardes do mes de agosto, aportar o seu grao de area na dinamización dos pobos do rural.

Te puede interesar