REFORMAS

Sandiás adxudica as obras para instalar un ascensor no Concello

Por outra banda, vaise a abordar a ampliación do almacén do Concello, situado ao carón do consistorio e onde se garda na actualidade toda a maquinaria municipal

Nos vindeiros meses, o Concello de Sandiás vai a acometer varias obras de mellora das  instalacións municipais. Xa está aprobada e adxudicada a obra de colocación dun ascensor no interior da casa consistorial. Trátase dunha adaptación á Lei de Accesibilidade xa que, segundo explicou o alcalde, Felipe Traveso, “hai moita xente maior no concello á que lle costa moito subir as escaleiras, polo que consideramos que a colocación dun elevador é unha necesidade importante”.

 Por outra banda, vaise a abordar a ampliación do almacén do Concello, situado ao carón do consistorio e onde se garda na actualidade toda a maquinaria municipal. Para as dúas obras hai un orzamento total de 52.500 euros e a súa financiación está enmarcada dentro dos Plans Proviciais da Deputación.

As do Concello non son as únicas obras que se van a acometer próximamente en Sandiás. O Obispado ven de autorizar a cesión dun terreo, localizado ao redor do Velatorio de Couso, onde se construirá un aparcadoiro. Así mesmo, de cara ao verán faranse varias obras de acondicionamento no colexio público.

Te puede interesar