Sandiás instala en 10 dos seus pobos tecnoloxía Led

2020111421121372677
photo_camera Os traballos de reinstalación dos dispositivos de alumeado comezou esta mesma semana.
Investiranse 127.000 euros nesta actuación a prol do aforro enerxético

O Concello de Sandiás iniciou esta semana a reinstalación do alumeado público con tecnoloxía de tipo Led en 10 das súas aldeas. Concretamente, substituiranse un total de 370 puntos lumínicos por dispositivos de baixo consumo ou de tipo Led co obxectivo de acadar unha maior sustentabilidade medioambiental e unha mellora da eficiencia enerxética. 

Grazas a esto último, o Goberno local de Sandiás espera poder conseguir un importante aforro económico en enerxía e poder, deste xeito, adicalo a outros proxectos sociais e servizos que melloren a vida neste concello da comarca da Limia. 

Por outra banda e grazas a esta intervención, Sandiás adaptará as súas instalacións lumínicas á normativa vixente e mellorará, do mesmo xeito, a calidade do alumeado nestes puntos do municipio. 

Os pobos que se verán beneficiados por esta nova actuación de mellora que xa está en marcha serán Vilariño das Poldras, Cerredelo, As Pegas, A Chousela, Sandiás -a capitalidade- Novaíño, Piñeira, Arcos, A Fontela e Cardeita. 

A instalación do novo alumeado público con tecnoloxía Led no concello de Sandiás precisará dun investimento total de 127.000 euros, segundo puntualizaron fontes fontes municipais.

Te puede interesar