Sandiás recolleu 2.600 kilos de lixo do seu monte

IMG_20210605_094431
photo_camera Na xornada retiráronse 42 rodas de camións dos montes.
Entre o lixo recollido predominaban os frigoríficos, carros de ferro, potas de cociñas, bidóns de lata e plástico, mascariñas, latas ou plásticos.

Persoal do Concello de Sandiás e integrantes da Sociedade Deportiva de Cazadores deste municipio conmemoraron o Día Mundial do Medioambiente nunha xornada na que aproveitaron para recoller preto de 2.600 kilos de lixo do seu monte, unha gran parte -2.100 kilogramos- correspondeu a rodas de camións. 

Por unha banda, unha das accións organizadas dentro desta iniciativa foi a de revisar determinados puntos de acumulación de lixo e levalos ao punto limpo máis próximo. Do mesmo xeito, os voluntarios e voluntarias recolleron coas súas mans plásticos, botellas, cristais e outros restos de lixo das rúas do pobo de Piñeira de Arcos, o termo elexido nesta ocasión como centro da actividade. 

O punto de acumulación de lixo máis significativo estaba situado no monte de Sandiás, máis alá da paraxe chamada Regueiriño. Retiráronse corenta e dúas rodas de neumáticos de camión. Entre o lixo recollido predominaban os frigoríficos, carros de ferro, potas de cociñas, bidóns de lata e plástico, mascariñas, latas ou plásticos.

Te puede interesar