8M

A “Seguridade Violeta” chega ós centros de Xinzo

A actividade estase a desenvolver nos institutos de Xinzo.
photo_camera A actividade estase a desenvolver nos institutos de Xinzo.
Crearase un contido audiovisual que servirá como canle de divulgación das conclusións traballadas

Xinzo de Limia está a desenvolver a actividade “Seguridade Violeta” con motivo do 8M. Esta actividade pretende dar resposta á necesidade de educar en igualdade e na prevención de violencias machistas, servindo de complemento á formación académica que se presta nos centros de ensino e sendo un espazo ideal para crear estos contidos. “As novas xeracións seguen sendo educadas reproducindo estereotipos e roles de xénero que indirectamente inciden na reprodución e aceptación de violencias machistas”, comentan dende o Concello.

“Seguridade Violeta” estase a desenvolver en catro sesións, de dúas horas de duración cada unha, nas cales se fai un percorrido para identificar machismos invisibilizados e normalizados na sociedade, que contribuén a manter modelos sociais desigualitarios.

Tamén trabállase en coñecer os diferentes tipos de violencias existentes na sociedade, desmontando mitos asociados ao feminismo e á permisividade de certas conductas, identificar conductas e posibles vítimas de violencias machistas e, finalmente, coñecer ferramentas para intervir nestas realidades. Faise incidencia na importancia de crear relacións baseadas no respecto, na comunicación e no consentemento a través dunha metodoloxía participativa e dinámica. Acompañando a este actividade, crearase un contido audiovisual que servirá como canle de divulgación das conclusións traballadas, sendo así o propio alumnado o referente. Este material pode ser empregado tamén para chegar ao conxunto da comunidade educativa, falando así de familias, profesorado e alumnado. Este contido será exposto o vindeiro día 22 de marzo.

Te puede interesar