A SGHN celebra unha xornada para recuperar os humedais

obxectivo destas actuacións é mellorar os hábitats potenciais destas especies

A sección antelana da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) traballará para "pulir" e "adecuar" o traballo realizado na Veiga de Gomareite para a recuperación das especies asociadas a humidais na Zepa de A Limia . Esta actuación foi desenvolvida ao amparo das  axudas a investimentos "non productivos" vencellados á realización de obxectivos agroambientais nos concellos incluídos na Rede Natura 2000. 

Estes traballos realizaránse mañá e as actuacións consistirán en "recoller"os residuos espallados pola parcela que quedaron ao descuberto por mor das choivas, "cotar" os pés de salgueiro que fan límite entre dúas áreas da Veiga e "achegar" a terra sobrante das montoneiras de pedras ata a beira do muro construído no borde da pista. O obxectivo destas actuacións é mellorar os hábitats potenciais destas especies. 

Despois do xantar, os participantes na xornada desprazaranse ata a avenida de Celanova onde farán "unha valoración" do proxecto de modificación deste vial que foi presentado durante a pasada semana. 

Pola tarde visitarán as fincas que teñen alugadas ao Banco de Terras para "revisar" as últimas actuacións da sociedade  e, para rematar, pasarán pola zona das areeiras de Xinzo co obxectivo de "adicar un tempo" á observación de aves. 

Te puede interesar