O transporte aos institutos de Xinzo será máis rápido

As novas horas de chegada aos centros reducirán os tempos de espera en 15 das 16 liñas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade anunciou que as liñas de autobús para os institutos Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela de Xinzo recortarán a duración dos seus traxectos dende mañá. 

A nova configuración, subliñan dende a Xunta, consistirá en axustar aquelas rutas nas que é posible cumprir cunha duración real menor, para minimizar o tempo de viaxe a bordo do autobús. 

Por outra banda, para acadar esta reducción dos tempos tamén se optimizará a coordinación das chegadas aos centros e das saídas ao remate da xornada lectiva. 

En definitiva, coas solucións previstas, as rutas máis longas finalizarán entre catro e nove minutos antes do comezo da xornada, mentres que os autobuses sairán inmediatamente ao remate das clases da mañá.

En conxunto, as novas horas de chegada aos centros reducirán os tempos de espera en 15 das 16 liñas integradas que transportan ao alumnado que asiste a clases aos dous institutos limiaos.

Te puede interesar