TRIBUNAIS

O Tribunal Superior confirma o veto á mina de Faramontaos

Ratifica a decisión da Xunta de non autorizar a explotación que podía afectar a oito pobos da comarca

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ratificar a decisión administrativa da Xunta de Galicia que rexeitou a solicitude da empresa castellonense Minercer para realizar unha explotación mineira de feldespatos que afectaría, nunha primeira fase, a oito pobos da comarca de A Limia, concretamente aos núcleos de Rebordachá, Paredes, Moreiras, Laroá, San Pedro de Laroá, Seoane, Fiestras e Faramontaos . 

O día 17 de xaneiro de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio de información pública do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada do permiso de investigación que tiña concedido esta empresa de Castellón. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, otorgou dita licenza de investigación a Minercer, que posteriormente estivo interesada en adquirir a explotación dos terreos. Aquela posibilidade promocou unha gran mobilizacion social na comarca.

O Concello de Xinzo e a Concellería de Medio Ambiente emitiron uns informes desfavorables fundamentados, principalmente, en que o proxecto mineiro afectaría de xeito negativo actividade agrícola na comarca (mais de 250 explotacións poderían verse afectadas). A administración autonómica, avalada por estes informes, rexeitou conceder o permiso a Minercer S.L. en xullo de 2013, resolución que a empresa recurriu solicitando a súa anulación. 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ratificar agora a decisión da Xunta, sosteñendo que "Ni la titularidad de un permiso de investigación, ni la solicitud de una concesión derivada de este permiso atribuyen un derecho consolidado a la explotación". A empresa Minercer, que  foi condenada a pagar os custos xudiciais, ten opción a recurrir ante o Tribunal Supremo. 

“Supoñía un dano ecolóxico tremendo"

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, manifestou "a alegría por parte do Concello" ante a decisión adoptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O rexidor sinalou que o seu grupo de goberno "sempre estivo en contra" da posibilidade de efectuar esta explotación a ceo aberto da que dixo que sería "unha lacra"  e que suporía "un dano ecolóxico tremendo". Pérez entende que ainda que a empresa pode recurrir ante o Supremo "é difícil" dar marcha atrás neste sentido. María Díaz, a presidenta da plataforma Corno do Monte, nacida para loitar contra a explotación mineira, tamén se alegrou desta decisión e engadiu que, de darse a situación contraria "sería un desastre para a comarca". 

Te puede interesar