FINANCIACIÓN

Vilar de Santos decidiu prorrogar o programa de rehabilitación de vivendas

O Ministerio de Fomento achegará 129.000 eros para subvencións

O Concello de Vilar de Santos decidíu prorrogar o programa de rehabilitación de vivendas do seu núcleo urbano, que conta con financiación do Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o propio Concello. A financiación prevista para este novo programa supera os 383.000 euros, segundo sinala o alcalde, Xan Jardón, a través dunha nota informativa.

A Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Vilar de Santos foi declarada en 2011 e delimitaba un ámbito de actuación cunha superficie de 147.000 metros cadrados, no que están incluídas vivendas, construccións complementarias e diversos equipamentos. A primeira fase do ARI rematou en 2015 e permitiu actuacions en once vivendas, cunha inversión de 160.000 euros, dos que 72.000 euros foron aportados como subvención por Fomento, Xunta e Concello. Unha nova fase no ano 2016 permitiu facer intervencións en tres vivendas máis.

Coa prórroga que agora se decidiu para 2017, o Ministerio de Fomento achegará 129.000 euros para as actuacions, unha cantidade á que hay que engadir outras aportacións e inversión dos particulares, polo que o programa, segundo estima o Concello, prevé unha inversión real de 383.000 euros.

O Concello canalizará toda a información e xestión das axudas a través da Oficina de Rehabilitación, que ofrecerá asesoramento técnico, coordinará as actuacións de rehabilitaci´ñon, redacción de informes e memoria de obras, así como a tramitación de toda a documentación. A convocatoria de axudas dirixidas aos propietarios dos edificios e vivendas da Área de Rehabilitación para a axecución de obras estar´vixene ata o 30 de xuño de 2017.

Vilar de Santos é o único concello rural da provincia ourensana que conta cunha Área de Rehabilitación Integral deste tipo.

Te puede interesar