OBRAS

Vilar de Santos investiu 500.000 euros en camiños

<p></p>
photo_camera A vindeira actuación de mellora de camiños terá un custo de 30.000 euros para o Concello.

Nos vindeiros meses o Concello mellorará viais en Parada e en Toxeriño

Técnicos do Concello de Vilar de Santos iniciarán nos vindeiros días unha nova actuación dentro do seu proxecto de mellora de camiños municipais.

As obras, que van a consistir na rehabilitación da capa de rodadura de varios viais, centraranse en dúas zonas determinadas: a parroquia de Parada (O Outeiro) e noutro camiño de acceso ás fincas de traballo do núcleo de Toxeriño. En total investiranse preto de 30.000 euros en algo máis dun quilómetro e medio de tramos. "Esta é unha actuación máis pequena que estaba lista para executar no ano 2017, pero debido ao mal tempo aprazámola ata agora", explicou o rexedor de Vilar de Santos, Xan Jardón. "Está previsto que se inicien as obras cando melloren as condicións atmosféricas", engade.

Con esta última actuación, o Concello limiao ten investido preto de 500.000 euros na mellora de 52 kilómetros de camiños e accesos do seu entorno dende o pasado ano 2014, tal e como explicou o alcalde, Xan Jardón, quen dixo, ademais, que estas actuacións son "fundamentais" para manter as pistas en bo estado. "En un ano coma este nos están permitindo afrontar as situacións de encharcamento e desbordamentos de auga, xa que al longo destes anos traballamos arreo en mellorar infraestruturas e cunetas", manifestou Jardón. "As pistas están en bastante bo estado para o inverno extremadamente duro que estamos atravesando", engadiu.

O primeiro edil de Vilar de Santos adiantou neste senso que, ao longo deste exercicio económico, está previsto que se inicien novas obras. "Faremos pequenos arranxos, e acondicionamentos de accesos e camiños rurais e de tipo forestal nos que investiremos outros 130.000 euros", matizou Jardón. "O mantemento das infraestruturas é vital, xa que non so permite que se poidan acceder aos terreos de labor en condicións, senon evitar os anegamentos propios desta época", engadiu.

Te puede interesar