A LIMIA

Vilar de Santos xestionará un presuposto de 780.000 euros durante o ano 2016

31.03.15.VILAR DE SANTOS,XAN JARDON ALCALDE.
photo_camera Xoán Xosé Jardón, alcalde de Vilar de Santos.

Máis de 328.000 euros, o 42% do orzamento, serán para gastos de persoal

A Corporación municipal de Vilar de Santos aprobou un orzamento de 780.000 euros para o exercicio económico de 2016, unhas contas que segundo explica o alcalde, o nacionalista Xoán Xosé Jardón, permitirán "continuar e reforzar a aposta para garantizar uns servizos públicos de calidade e consolidar o aproveitamento e posta en valor dos recursos locais para seguir impulsando o noso modelo de desenvolvemento e benestar". Desglosado en cifras, o gasto de persoal supón un 42% dos orzamentos, ata acadar os 328.000 euros, con un lixeiro incremento que o goberno municipal xustifica pola necesidade de atender e reforzar os servizos sociais comunitarios e outros, como a Escola Infantil.

Con este orzamento o Concello tamén se propón o obxectivo de manter a inversión productiva, destinando a investimentos públicos 220.000 euros, un 28% do orzamento, para consolidar e financiar máis proxectos. Segundo o goberno municipal, as actuaciónes de protección e promoción social, os servizos públicos básicos, educación, cultura, deporte e outros programas representan o 73% do presuposto. Por outra banda, manteranse conxeladas as tasas e impostos municipais, nun Concello que asegura non ter débeda pública nin ningún plan de axuste nin déb edas con proveedores.
No eido da aposta polos servizos sociais municipais, destaca o reforzamento e ampliación do Servizo de Axuda no Fogar e unha mellor atención á dependencia, xunto coas melloras no centro de atención a persoas maiores, na escola infantil e nos servizos á mocidade.

En canto á dinamización económica e o emprego, o Concello prepara a venda dun novo lote de parcelas de solo industrial dispoñible, xunto con varios programas de xeración de emprego e formación para desempregados. No ámbito da mellora de infraestruturas, destacan as actuacións na área de rehabilitación integral, con novos investimentos. A maiores, mellorarase a rede de camiños e accesos e a de abastecemento, ademáis de continuar co plan de aforro e eficiencia enerxétiva.

Te puede interesar