XINZO DE LIMIA

Xinzo acollerá mañá o primeiro Festival de Bandas de Gaitas

"Vila de Xinzo de Limia", dentro da programación deseñada para celebrar o Día das Letras Galegas.

O Concello de Xinzo acollerá mañá o Primeiro Festival de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo de Limia", dentro da programación deseñada para celebrar o Día das Letras Galegas.

O Festival de Bandas dará comezo ás 19,30 horas, con un percorrido polas rúas das bandas participantes. Sairán da Escola de Gaitas, pasando polo Barrio Vello, Praza de Oriente, Rúa do Peto, Avenida de Ourense e Curros Enríquez ata a Praza de Carlos Casares, onde, a partir das 20,15 horas, desenvolverase o Festival.

O domingo, Día das Letras, haberá venda de libros en galego na Praza Maior, onde ás 11,30 horas terá lugar unha lectura da obra infantil "Agromar", de Filgueira Valverde, e ás 12,30 horas, baile rexional galego. Pola tarde, ás 18,30 horas, celebrarase no Auditorio da Casa da Cultura un Concerto Homenaxe a Galicia, a cargo da Agrupación Musical da Limia.

Te puede interesar