A LIMIA

Xinzo adquire un novo camión para o Parque de Bombeiros

"Non era xusto que Verín tivera un camión autoescaleira e nós non, pero agora os veciños xa poden estar tranquilos", precisa o alcalden, Antonio Pérez.

O Parque de Bombeiros de Xinzo dispón dun novo camión cunha escaleira de 35 metros de altura para poder actuar en lumes rexistrados en edifios altos.

Ata o momento, cando se rexistraba un incendio nun andar superior ao segundo, tiñan que acudir dende Verín, onde si dispoñen deste tipo de camión. Este feito retrasaba o rescate e podía ocasionar "graves si- tuacións de perigo", segundo indica o rexedor limiao, Antonio Pérez.

A compra definitiva foi aprobada a comezos de ano e ata o momento estivo sendo carrozado a medida. O custo total superou os 660 mil euros, dos cales só o 10% foi asumido polo consistorio. Os bombeiros de Xinzo están a asistir a un curso de formación para empregar o camión. "Non era xusto que Verín tivera un camión autoescaleira e nós non, pero agora os veciños xa poden estar tranquilos", conclúe Pérez.

Te puede interesar