Xinzo apoia a igualdade co “escape room” “Elas”

Alumnos dos CEIP´S participantes do “escape room” “Elas”.
photo_camera Alumnos dos CEIP´S participantes do “escape room” “Elas”.
Ten como obxectivo reflexiónar sobre a importancia da igualdade e o rexeitamento dos estereotipos de xénero

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo, en colaboración co Centro de Información á Muller de Xinzo de Limia, organizan dentro da programación do Día Internacional polos Dereitos das Mulleres, unha actividade destinada a sensibilizar sobre a igualdade de xénero e dar visibilidade ás mulleres en ámbitos tradicionalmente considerados masculinos.

A través do “escape room” “Elas”, ponse a proba o inxenio e o coñecemento das persoas participantes, ao mesmo tempo que se lles achegan as historias e vivencias de mulleres que destacan en deportes históricamente asociados ao xénero masculino.

A actividade lévase a cabo entre oitenta e cinco nenas e nenos dos dous Centros de Enseñanza de Xinzo de Limia, o Rosalía de Castro e o Carlos Casares, co alumnado de quinto e sexto de Primaria. 

Financiación da actividade

Esta inicitativa está financiada a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e ten como obxectivo principal fomentar a reflexión entre os participantes da actividade, sobre a importancia da igualdade e o rexeitamento dos estereotipos de xénero.

Coa “escape room” “Elas”, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Xinzo de Limia, reafirman o seu compromiso coa igualdade de xénero e coa prevención e loita contra as violencias machistas, ofrecendo unha oportunidade de reflexionar e aprender sobre o papel das mulleres na sociedade actual entre os 85 alumnos participantes.

Te puede interesar