ENTROIDO 2017

Xinzo aposta por un Entroido limpo e chama á participación

false
photo_camera Comisión e representantes do Concello presentaron o Programa Oficial no Museo Galego do Entroido.

Os rapaces dos colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares participarán la decoración das rúas

O Museo Galego do Entroido acolleu, na mañá de onte, a presentación do Programa Oficial do Entroido de Xinzo para o 2017. O acto contou coa presenza, entre outros, dos membros da Comisión do Entroido de Xinzo, o alcalde da vila, Antonio Pérez e o concelleiro de Cultura de Xinzo, Luis Miguel Gil. Tal e como sinalou o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, tratouse do primeiro acto vencellado ao Entroido deste ano, aínda que non será ata mañá sábado co agardado petardazo, cando dea comezo oficialmente un mes continuo de festa. 

A organización quere apostar nesta edición, por un Entroido "limpo" e, para iso, poñerá á venda nos establecementos da vila uns vasos de plástico co principal emblema do Entroido da Limia, a Pantalla. "Para que a vila se manteña o máis limpa posible e por motivos de seguridade, queremos apostar polos vasos reutilizables", explica o rexidor local. Neste sentido vanse a instalar tamén, un número considerable de aseos públicos.

 Outra das novidades que presenta esta edición, é a participación dos nenos dos colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares para a decoración que se vai a facer nas rúas de Xinzo con motivo da festividade. Por este motivo, hai unhas semanas, os cativos participaron nun obradoiro chamado "Retrincos de Entroido".

Desfile dos colexios
 Por segundo ano consecutivo terá lugar, o día 24, un gran desfile conxunto de todos os centros educativos da comarca, aos que se sumarán os de Cualedro e Bande. Nesta liña, Luis Miguel Gil, edil de Cultura, destacou a importancia de que os máis pequenos participen, de xeito activo, na festa. Outra novidade é que o día 11 de febreiro, con motivo do colgamento do Meco na Praza Maior, a agrupación Pelepau ofrecerá un concerto. 
O alcalde de Xinzo alabou o traballo da Comisión do Entroido e calificou o programa como "Ben conformado, completo e con moitas actividades". A comisión, pola súa banda, fixo un chamamento para que "todos os veciños da vila que teñan un gran sentimento polo Entroido participen na organización o vindeiro ano, para que esta festa sexa cada vez mellor".

Te puede interesar