Xinzo aproba o pagamento das facturas atrasadas

Pleno extraordinario de Xinzo.
photo_camera Pleno extraordinario de Xinzo.
A interventora explicou os pormenores do recoñemento extraxudicial de crédito

Durante a sesión plenaria de carácter extraordinario e urxente celebrada no día de onte no Concello de Xinzo de Limia, aprobouse o pago de facturas atrasadas por un importe total de 367.000 euros.

O punto saíu adiante sen os votos a favor da oposición, que decidiron absterse. Grazas a esta medida proposta polo goberno de Xinzo, aqueles proveedores e pequenas empresas que teñen facturas pendentes de cobro do Concello, algunhas dende o ano 2020, recibirán por fin o seu pagamento. 

Segundo o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, a finalidade do goberno municipal consiste “en que non se garden facturas no caixón e que as empresas poidan cobrar pronto ao tratar co Concello de Xinzo”.

Pola súa banda, durante o pleno extraordinario celebrado no día de onte na sede do Concello de Xinzo, a interventora tivo a oportunidade de explicar os pormenores do recoñemento extraxudicial de crédito, que é a figura empregada para poñer fin a estes impagos.

No último pleno celebrado hai un mes, protagonizouse un fito inédito nos últimos anos, coa aprobación dos orzamentos sin votos en contra. Nese pleno, acordouse que o Concello tiña que destinar 260.000 euros á amortización de débeda, que se situaría en 2.576.000 euros a final de ano.

Te puede interesar