festas

Xinzo busca voluntarios para organizar as festas patronais

O cartel de artistas para o evento está composto polo Combo Dominicano e as orquestras Miramar, Nebraska, Graffiti e Saudade.

A Concellería de Cultura e Festexos de Xinzo ven de convocar "a todos os veciños e veciñas que desexen colaborar na organización das Festas Patronais de Santa Mariña", a participar nunha reunión o vindeiro 3 de xullo, ás 12,00 horas, na Casa da Cultura. 

O cartel de artistas para o evento está composto polo Combo Dominicano e as orquestras Miramar, Nebraska, Graffiti e Saudade. As festas de Xinzo terán lugar os días 15, 16, 17 e 18 do mes de xullo. 

Te puede interesar