CELEBRACIÓN

Xinzo desperta ateigada de lixo a causa do botellón

unnamed_result
photo_camera Estado no que se atopaban as rúas da vila a noite do sabado.

A Concellería de Festexos de Xinzo de Limia fixo público un comunicado no que apela"á concienciación e ao civismo"

A Concellería de Festexos de Xinzo de Limia fixo público un comunicado no que apela"á concienciación e ao civismo" durante a celebración do Entroido. Denuncian o estado no que o persoal do servizo de limpeza se atopou as rúas da vila a primeira hora do domingo, despois dunha das noites con mais afluenza de visitantes. 

Dende a Concellería remarcan que "o Entroido de Xinzo está aberto a todo o mundo" pero piden aos "numerosos visitantes" que se están achegando a Xinzo durante estas semanas "que disfruten da festa sen convertila nun macrobotellón". 

Unha das cuestións nas que a comisión deste ano fixo un especial fincapé foi na demanda dun Entroido limpo. Por este motivo unha das novedades que se presentou foi a posibilidade de adquirir nos bares da vila un vaso ecolóxico coa imaxe da Pantalla para reducir ao mínimo a cantidade de residuos de vidro. 

A pesar de que os donos dos establecementos sinalan que, no que vai de Entroido, vendéronse un gran número destes recipientes, non se conseguiu erradicar a imaxe da suciedade invadindo as rúas da vila a pesar de que o Concello duplicou os servizos e medios de limpeza. 

Dende a Concellería advirten que "visto grande número de visitantes chegados en autobuses con bolsas cheas de bebidas alcohólicas, reforzarase a vixilancia de Policía e Garda Givil na estación de autobuses e na praza Maior". 

Te puede interesar