A Limia

Xinzo non olvida aos seus maiores

A Limia

Xinzo non olvida aos seus maiores

A alcaldesa, Elvira Lama, fixo un percorrido pola Residencia Santa Mariña, o Centro de Día e o Centro de Saúde

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e concelleiro da villa Rafa Penabad, acompañados por un quinteto da Agrupación Musical da Limia, fixeron esta mañá un emotivo percorrido pola Residencia Santa Mariña, o Centro de Día e o Centro de Saúde para recoñecer o traballo dos profesionais de todos estes centros e acompañar aos seus usuarios nestas datas tan sinaladas.

Foi a forma elixida polo Concello para acompañar dun xeito simbólico aos maiores nun momento tan difícil e de agradecer aos profesionais dos tres centros ou seu continuo esforzo durante un ano tan complicado como o que está a piques de rematar.