Xinzo recibiu 125 traballos en lingua galega

Repartiranse 2.000 euros aos premiados polo Día das Letras

Os premios organizados entre o Concello de Xinzo e a Fundación Carlos Casares con motivo do Día das Letras Galegas, o pasado mes de maio,  gozaron dun grande éxito segundo apuntaron dende o Consistorio limiao. Neste senso, foron 125 os traballos presentados. 

No Certame Literario Infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares, organizado pola Concellería de Cultura,  contabilizouse case medio cento de obras. Neste senso, establecéronse sete categorías para os participantes: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante. Deste xeito, outorgaranse dous premios en cada unha das categorías, consistentes en vales para mercar libros e material escolar nas librarías de Xinzo de Limia. En total, o Concello repartirá case 2.000 euros en premios e todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo.  O fallo darase a coñecer este mes. 

Dentro da Fundación, o Premio Cubertas para Xela sumou 44 traballos e  Quen é Toribio? 33.

Te puede interesar