Xinzo reforzará a limpeza das rúas cun novo servizo

o valor estimado e orzamentado de licitación para este contrato ascende a 131.373 euros
na súa totalidade
photo_camera Unha papelera nunha rúa do municipio.
O valor estimado e orzamentado de licitación para este contrato ascende a 131.373 euros na súa totalidade

O Concello de Xinzo de Limia pretende reforzar a limpeza de todo o pobo, polo que elaborou unha memoria xustificativa da contratación dun servizo complementario e dará conta ao pleno.

Dende o Concello aseguran que "o municipio non dispón de efectivos suficientes para acometer os traballos de hixienización, existindo limitacións legais nas leis de Orzamentos Xerais do Estado para a contratación de persoal laboral fixo", por iso, será necesario realizar un contrato de servizos para as tarefas correspondentes unicamente á categoría de peón. Explican que serán traballos de barrido, baleirado de papeleiras e prestacións similares.

O grupo de goberno destaca que en datas puntuais como Entroido, Esquecemento, Semana Santa o festas de Santa Mariña, "será preciso realizar limpezas extraordinarias", podendo encargarse estas tarefas -no caso de baixas do persoal contratado actualmente- cando sexa preferible, "por razóns de eficacia, cubrir o servizo e non convocar procesos de selección interino", remarcan. 

O valor estimado e orzamentado de licitación para este contrato é de 131.373 euros e o sistema para levar a cabo a licitación será o procedemetno aberto. 

Neste sistema, toda persoa ou entidade empresarial poderá presentar unha proposición, "asegurando unha maior competencia entre as persoas ou entidades licitadoras", explica o Concello. Ademais, o grupo de goberno procede a tramitación de urxencia ao non dispor de persoal suficiente para a realización do servizo de limpeza do municipio. 

Te puede interesar