Xinzo retira as árbores en mal estado do Toural

chopo
photo_camera O chopo canadiense retirado da Alameda do Toural.

O Concello de Xinzo retirou nos últimos días catro exemplares arbóreos de espazos públicos da vila, concretamente, da Alameda do Toural e da praza Juan XXIII.A medida chegou logo do chequeo realizado por dous especialistas para determinar o estado das árbores no municipio e que puxo de manifesto que, nalgún caso, os exemplares supoñían un grave perigo ao existir risco de que se precipitasen en calquera momento sobre os paseantes. No que atinxe ao Toural, as especies retiradas foron dúas robínias secas e un exemplar coñecido como chopo canadiense.  Neste último caso, os especialistas matizaron que “ao carón dos baños públicos hai un exemplar seco que é moi urxente apear. Para os demais exemplares tamén se recomenda esta actuación”.
Outra especie non catalogada no estudo e emprazada na praza Juan XXIII, un plátano de sombra que estaba seco polas continuas podas agresivas dos últimos 18 años, tamén tivo que quitarse por atoparse  en moi mal estado. O Concello seguirá acometendo estas tareas de saneamento e mantemento

Te puede interesar