Xosé Manuel Martínez Quintas: “Os nenos con asperger son maravillosos e teñen un mundo espectacular"

Barbadás 29/10/20
Entrevista a manoel Foncuberta en A Valenzá

Fotos Martiño Pinal

"A nena do vestido de flores", unha novela protagonizada por unha cativa de 12 anos con síndrome de Asperger, poderase mercar dende hoxe venres, día 30 de outubro, nas principais librerías. Manuel Martínez -tamén coñecido como Manoel Fontemoura- é director de teatro e autor desta obra. 

Como nace a idea para escribir A nena do vestido de flores?

A mediados de xaneiro deste ano pasei por unha mala época. Un sábado pola tarde eu estaba en Porqueira e sonou o teléfono. Era unha das nenas ás que eu lle dou clases de teatro e que, coma o meu fillo, ten síndrome de Asperger. Díxome literalmente que lle faría moita ilusión que escribira un libro sobre unha nena chamada Dania Victoria. Tomeino coma un 'chute' de enerxía e me puxen a traballar. No confinamento dinlle forma e Aira Editorial confiou no proxecto. 

Entón esa nena é a auténtica promotora da obra. 

Si. É unha nena que lee moitísimo e ten unha imaxinación prodixiosa. 

É ela a do vestido de flores?

É ficción, non me baseei en ninguén. Tomei de referencia a esta nena pero nunca a entrevistei para saber cousas, a miña imaxinación fixo o resto. Si é verdad que a rapaza do libro ten a súa idade, que son 12 anos, e o seu lugar de estudo: un colexio do rural. 

Profundiza na vida dunha nena con Asperger?

Ao principio non daba coa tecla, pero logo foi desenvolvendose a historia, repito, totalmente ficción. É unha nena con Asperger de 12 anos, que vive nunha vila ao carón dun río e que, entre os rasgos que padece, ten bastantes pesadelos. O libro relata como é o seu día a día, como a ven os demais e como cre que os demais a ven a ela. 

Pensa que hai empatía con este tipo de persoas?

A palabra empatía nos encanta a todos e a pronunciamos moito, pero a empregamos pouco. Penso que somos moi pouco empáticos, en xeral. Esta novela procura poñer un punto na discapacidade e na aceptación da sociedade. Teño constancia de que a adolescencia é unha época moi difícil para estes nenos, coma para todos, pero para eles máis. Teñen unha evolución diferente, por exemplo, no ámbito afectivo. Moitas veces non son aceptados. 

Pretende desmitificar ou desmentir creencias sobre o Asperger na súa novela?

A novela pretende desmitificar, por exemplo, o tema da compaixón. Para nada hai que compadecer aos nenos con Asperger. Son nenos maravillosos e teñen un mundo espectacular, non precisan compaixón, senon aceptación, e esto non está sucedendo a día de hoxe. Parece complexo aceptalo, pero é moi doado. 

É unha novela optimista?

Si, o é, ou pretende selo.  

E ten unha finalidade solidaria. 

Si. Foi algo que dende o principio falamos coa editorial Aira. Decidimos que, de cada exemplar vendido, un euro iría a parar á Asociación de Diversidade Funcional Limisi de Xinzo -dende este colectivo pretenden levar adiane o proxecto Limisi Fogar, unha vivenda tutelada destinada a usuarias con diversidade funcional- e outro para a Asociación Aneis -agrupación teatral da Limia-. 

É unha lectura destinada a todos os públicos?

É un libro para todos os públicos que ten que lerse cos ollos, pero tamén co corazón. É un canto á diferenza dende a igualdade. 

Te puede interesar