Agenda

Adeus, en seis días, a unha vida perfecta

Agenda

AXENDA CULTURAL

Adeus, en seis días, a unha vida perfecta

Ariana Cárdenas, a alaricana Noemi Rodríguez, Andrea Jiménez e Esther Ramos, nunha escena de "Interrumpted".
photo_cameraAriana Cárdenas, a alaricana Noemi Rodríguez, Andrea Jiménez e Esther Ramos, nunha escena de "Interrumpted".

Radiografía do derrumbe dunha existencia, "Interrupted" é unha obra que desde a súa estrea no 2012 foi acollendo trazos da realidade, da crise ao #MeToo

 "Interrupted" é unha comedia que, pese a manter a súa esencia, foi mutando co paso dos anos. Desde a súa creación no 2012, tamén data do nacemento da compañía Teatro en Vilo en Londres, primeiro presentouse en inglés e despois versionouse ao castelán, "e con cada cambio de elenco, tamén sofre cambios", explica Noemi Rodríguez (Allariz, 1987), cocreadora, codirectora e intérprete nesta obra. "Interrupted", unha das pezas de hoxe no FITO, poderase ver ás 22,30 horas no auditorio de Ourense.

O espectáculo conta, desde a comedia, a historia de Anabel,  cunha vida "perfecta", que se desmorona en cuestión de seis días, proceso que os espectadores vivirán en primeira persoa. "Cando montamos o espectáculo estabamos en plena crise e empezamos a explorar esa idea de cando todo vai ben e, de súpeto, desmorónase", explica a artista alaricana. 

Despois de seis anos, Rodríguez asegura que a historia de Anabel segue tendo filón porque "se fan lecturas moi distintas da obra en función do contexto en cada momento. Naquel momento foi a crise económica, hoxe o espectáculo está marcados polo 8-M ou o movemento #MeToo". 

"Interrupted" conta cunha montaxe moi visual, onde a coreografía é fundamental no devir dos acontecementos. É un dos catro proxectos que dirixe a alaricana en Teatro en Vilo, onde "se valora a investigación no eido artístico e se traballa con artistas de diferentes nacionalidades. As aportacións de todos permítennos xerar obras de moita actualidade". 

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo