AGENDA

“Aos 50 podes estar macanudo"

Dibujo2
photo_camera Marcos Orsi e Luis Iglesia.

A parella cómica formada por Luis Iglesia e Marcos Orsi chega este sábado ao Auditorio para reflexionar sobre os dilemas da idade.

Como é a vida con 50 anos? Como se sinte un? Con estas preguntas o dúo de actores Marcos Orsi e Luís Iglesia comezaron a argallar o proxecto "Sénior", unha reflexión en clave cómica que reflexiona sobre os dilemas de cumprir medio século a través do teatro. O Auditorio acolle a estrea da obra producida por Culturactiva e dirixida por Avelino González este sábado, as 20,30 horas.

"Con 50 anos podes estar macanudo", sentencia Luis Iglesia, un dos protagonistas. A presbicia, os parados de larga duración, a prexubilación... son algúns dos temas en torno a esta idade que se presentan en "Sénior" para arrincar as gargalladas do público. Algunhas das cuestións: Visto como meu fillo ou como meu pai? Haberá cadeiras nese concerto? Como estarei mañá se tomo outro gin-tonic?" Un dos scketch, adiantan, estará adicado á muller de 50 anos, con outros dilemas da idade.

"O problema témolo dende a perspectiva individual, pero realmente pódense facer moitas cousas. Non é o mesmo ter 50 anos antes que hoxe, hai moitos avances", recalca o actor Marcos Orsi.

A obra concíbese dende dous protagonistas que na vida real pasan polos mesmos dilemas. "O director, Avelino González e nós temos esa idade", apuntan os actores.

Máis ca resignación á "crise dos 50", os actores din que a obra "é unha inxección de positividade", co punto humorístico de rirse dun mesmo. "Dirán: mira que riquiño que se ri del mesmo", conta Luis Iglesia.

E á hora de falar un do outro so teñen boas palabras. "É un grandísimo clown. Dame a metade do choio feito", di Luis Iglesia de Marcos Orsi. "Somos da mesma onda, enfocados no mesmo sentido de humor e iso funciona", di Marcos Orsi de Luis Iglesia.
Aínda que non avanzará trucos para sobrevivir aos 50, "Sénior" traerá a escea o dito de que "a idade é so un número".  

Te puede interesar