AXENDA FIN DE SEMANA

A banda sonora da Ribeira Sacra

photo_camera Luar na Lubre ofreceu este venres un pase especial no Teatro Principal.

O Teatro Principal acolle, hoxe e mañá, os dous concertos de presentación do último disco de Luar na Lubre, "Ribeira Sacra"

O embrión do último traballo de Luar na Lubre naceu durante a súaestadía na Ribeira Sacra o pasado mes de outubro. Así o explica Bieito Romero, o líder e gaiteiro do grupo. 

"Ribeira Sacra" creceu, polo tanto, inspirando o cheiro do mosteiro de San Pedro de Rocas, inspirándose dos sons propios da zona e das cores da natureza que o rodea. No disco hai espazo para ese ambiente e para a creatividade dos músicos. "Por unha banda hai temas que recollen sons reais, como o das chocas dos Felos de Maceda, e pola outra, cancións que recollen a tradición local, coma a lenda do lobishome de Romasanta", explica Romero. 

Así, a realidade e a creación mistúranse nun disco que conta con multitude de colaboracións. "Traballamos cos irmáns Félix e Cástor Castro, investigadores e músicos, e tamén con A Coral de Ruada, cos que estamos totalemten irmandados", comenta. A coral participou en varios dos últimos traballos de Luar na Lubre, e neste caso en particular faino en catro dos vinteseis temas de "Ribeira Sacra". Ademais de compañeiros ourensáns, o grupo conta con artistas galegos e españois, como Sés, Juan A. Antepazo do grupo Astarot, Brais Maceiras, Nani García ou Víctor Manuel. 


O patrimonio da Ribeira Sacra


As novas cancións de Luar na Lubre non só poñen de relieve o "patrimonio paisaxístico da Ribeira Sacra", senon tamén o cultural e histórico. As cantigas de Alfonso X, que "probablemente se fixeron en San Pedro de Rocas", a lingua propia dos afiadores ou a tradición do entroido son algunhas das fontes de inspiración. O repertorio poderase escoitar no Teatro Principal hoxe, ás 21,00 horas, e mañá, ás 20,00 horas. 


30 anos de traxectoria


Durante a gravación de "Ribeira Sacra", Luar na Lubre celebrou co seu público o  30 aniversario, nunha xira que os levou por diversas cidades de España e Europa. Así, no Principal, ademais dos últimos temas e da proxección do novo videoclip, tamén se poderán escoitar traballos que marcan a "identidade" do grupo folclórico, como "Chove en Santiago" ou "Tu gitana".

Te puede interesar